Data
10/06/2017 _ 17:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 45 €
Categoría
O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de canto acompañado de percusión con Olga Kirk que estará en Santiago de Compostela en xuño para ofrecer un curso monográfico específico o repertorio da Limia e Baixa Limia. Está orientado a persoas que teñan un mínimo de coñecemento do canto tradicional e queiran coñecer os xeitos, estilos e repertorios desta zona de Ourense.
Detalles:
- Duración: 6 horas
- Prezo: 45 € cada curso por separado
- Datas: 10 e 17 de xuño
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Horario: 17 a 20 h
- Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
- Inscrición e info: matricula@folque.com
Contidos
Toques repertorios e xeitos de cantar na Limia e Baixa Limia (Ourense)
Olga Kirk
Comeza a súa andaina musical aos once anos cando ingresa nun grupo de pandereteiras. Dende o principio entusiasmouse coa música tradicional, tanto coa súa interpretación como co seu estudio, e por iso dende os 17 anos dedicouse a facer investigación etnográfica de campo xunto con Pablo Díaz. Ademais de cantar e tocar diversas percusións de man, Olga toca o acordeón diatónico ou o tambor, e dedícase ao seu ensino en diversas escolas de música tradicional. Ademais de facer coros na banda TIC TAC, é integrante do grupo de música tradicional “Ruote” e directora do grupo de baile tradicional da Coruña “Donaire”. Tamén pertence ao coro integrado por 16 cantantes de diferentes estilos “Sisters in the house”.