Curso de Historia da Música Galega

Data
09/09/2017 - 23/09/2017 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Galicia

Prezo: 10 €

Categoría No Categories


Ramon Pinheiro imparte este  CURSO DE HISTORIA DA MÚSICA GALEGA. Esta é unha continuación do curso do mes de xuño para aproximarse aos contextos onde a música patrimonial galega se leva producindo nos últimos séculos. Este curso é eminentemente teórico e pretende servir de marco para o coñecemento e fundamento da música popular galega entendida nun contexto cultural global.

  •  
  • Duración: 6 horas
  • Lugar: Auditorio de Galicia
  • Data: 9, 16, 23 de setembro 2017
  • prezo: 10 €

Ramón Pinheiro Almuinha.

Profesor de Historia da música popular galega e Director artístico e de programación de aCentral Folque. Centro Galego de Música Popular.

Nado en Vigo en 1975, realizou a licenciatura en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Posgrau en Xestión de empresas na industria da música pola Universidade Pompeu Fabra (Barcelona).

Xunto con Ugia Pedreira e José Luis do Pico Orjais elaborou o deseño pedagóxico e organizativo do Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín (2000) onde exerceu de Profesor de Historia da Música, cordinador do centro de documentación (TECA) e programador artístico. No 2002-2003 foi membro do Consello Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Dirixiu xunto co profesor da USC Javier Garbayo as dúas edicións do Curso de posgrao de “Especialización en Música Tradicional Galega” organizadas pola USC, (2003-2005)

Iniciouse no mundo da empresa musical en 1999 no departamento de producción de Boa Music (Boa Cor S.A.). Posteriormente será socio-fundador e director artistico de Ouvirmos S.L. (2003) con quen levará adiante a producción de Pontevedra 2004 Ano da música (Concello de Pontevedra 2004), celebración que será distinguida con o prémio da critica de Galicia. Tamén com Ouvirmos iniciará algunhas coleccións editoriais centradas na recuperación e posta em valor do patrimonio musical galego como A Tiracolo, que inclue entre outras a recuperación fonográfica das primeiras gravacións galegas realizadas por Aires d’a terra (1904), distinguida com o prémio da crítica de Galicia do ano 2008. Outras coleccións destacadas foran os Itineraios Historico-Musicais e as Fotobiografías sonoras. No 2007 participa como socio-fundador na constitución da distribuidora musical Lonxa cultural S.L.

Como interprete iniciouse na música popular galega da mao do mestre-gaiteiro Nazario González iglesias “Moxenas” formando parte do grupo de gaitas vigués Aturuxo (1987-1992). En 1993 pasa a formar parte do grupo de música folk Chouteira con o que grava dous discos Chouteira (Boa Musica 1995) e Ghuague! (Boa Music 1997). Ademais tem colaborado en distintas gravacións de bandas de rock como Xenreira, Érguete! (Ed. Do Cumio, 1996) ou Skarnio, Filosofia de acçom… (Sons de Luita, 1999) ou a Matraca Perversa, Mass circus media (Ed. Projecto Global. 2003). O seu último proxecto musical foi Eclectica ensemble no que ademais de músico exerceu como productor artístico e executivo da sua edición fonográfica Eclectica ensemble (Eclectica ensemble, 2008). Con esta formación participou ademais no musical Dillei, dirixido por Carlos Blanco (Nordesía Teatro, 2003-2004) iniciando así unha serie de colaboracións com compañías teatrais entre as que destacan as labores de dramaturxía musical desenvolvidas para o musical Castronós, O Baile, dirixido por Xan Cejudo (Factoría Teatro, 2007). Director artístico do espectáculo Galego-Cubano Descarga ao Vivo Cuba-Galiza 08. , presentado na Habana con motivo da “Feira Internacional do Libro”. (A Habana-CUBA, Febreiro do 2008).

Como investigador da historia e patrimonio musical galego ten impartido palestras e cursos en diversos foros galegos e internacionais ademais de ter publicado distintos artigos en revistas especializadas. Coordinou o monográfico musical editado pola asociación galega de historiadores Murguía Revista Galega de Historia nº 4 (Compostela, 2004) e os nº 4 e 8 da Revista Etnofolk (Vigo, 2006/2007). Actualmente prepara o lanzamento do libro A la Habana quiero ir. Los gallegos en la Música de Cuba (aCentral Folque- Consellería de Cultura. Xunta de Galicia). Actualmente está rematando unha investigación pioneira sobre a improvisación oral que será publicada em breve.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed