Curso reglaxe e zanfona

Data
27/05/2017 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 50 €

Categoría


Jaime Rebollo imparte este curso de reglaxe de zanfonas dentro dos Monográficos de Primavera que aCentral Folque organiza en maio e xuño de 2017.

Os contidos do curso versarán sobre organoloxía, ferramentas, inventos e reglaxe: elementos resonadores, mecánica, solución de problemas comúns, supervisión de problemas particulares en cada zanfona, trucos,…

Detalles:

  • Duración: 7 horas
  • Prezo: 50 €
  • Datas: sábado 27 de maiol
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 11 a 14 h e 16 a 20 h
  • Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Jaime Rebollo é un novo luthier que está ao nivel dos mellores artesáns europeos seguindo unha liña de factura contemporánea e atendendo as esixencias dos músicos que demandan unha actualización constructiva acorde coas súas inquietudes e novas sonoridades. Formado na Universidade Popular de Vigo nos cursos de construcción de Instrumentos Tradicionais con Xaime Rivas e no de Instrumentos Antigos con Ramón Casal.  Inventor, maximizador e trazador dunha familia de zanfonas modernas de sonoridade sorprendente, cun rexistro nas frecuencias sorprendente, potencia sonora, funcionamento e reglaxe excelentes e configuración flexível para unha cordaxe que en todos os modelos inclúe trompeta (bordón rítmico) e a posibilidade de ter cordas simpáticas e unha máis que aceptável amplificación do instrumento (piezoeléctricos e micrófonos). Jaime recibe encargos continuamente. Ten vendido zanfonas non só a Galicia senón tamén a Catalunya, Brasil, Alemaña, Portugal, ou unha plaza ben importante e difícil penetración comercial como é Francia, país de fonda tradición de luthería e mercado interno. Ten exposto nas mostras de artesanía musical máis importante do país e deste 2013  asiste á feira de luthería do festival de Le Son Continu en La Chatre (antes organizado en Saint Chartrier), o máis veterano e de recoñecemento internacional deste tipo de encontros.

Web: http://rebolloinstruments.com/inicio.html

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed