Curso de zanfona: bailables e tocables

Data
13/10/2014 _ 10:00 - 20:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: .

Categoría


Oscar_FdezO mestre da Escola Livre da MPG de sanfona  imparte este monográfico especializado para sanfonistas. A partir dos ritmos usuais da música tradicional galega e derivados faranse adaptacións dos pulsos e acentos na técnica para a man dereita (golpe de pulso, “coup de poignée”) e para man esquerda (frases rítmico/melódicas) sobre os xéneros de baile: pasodoble, mazurca, jota e moinheira.

Óscar Fernández

Personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e é un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer  de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o  ano 1998  céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional  combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos  e nos cursos da AIZ  con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…  Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed