Curso frauta con X.Liz

Data
11/02/2017 _ 10:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 35

Categoría


O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de frautas traveseiras na música folk. O obradoiro proposto versará sobre técnicas e repertorios deste tipo de frautas na música tradicional galega contemporánea.

Detalles:

  • Duración: 4 horas
  • Prezo: 35 €
  • Data: Sábado 11 febreiro
  • Horario: 10-14 h
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Nivel: para músicos iniciados
  • + info e inscrición: info@folque.com

Contidos:

  • Interpretación, estilo e ornamentacion de músicas europeas”, no que abarcará as seguintes materias:
  • Ritmos binarios: interpretación melódica e ornamentación. Reel, chula.
  • Ritmos ternarios: interpretación melódica e ornamentación. Xota, valse.
  • Ritmos ternarios de subdivisión ternaria: interpretación melódica e ornamentación. Jig, muiñeira, slip jig.
  • Amalgamas: interpretación melódica e ornamentación. Hanter fisel, polska.

Breve Biografía de Xosé Liz

Músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Blanco, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobó…) e a súa habitual presenza nos mellores escearios adicados a estas músicas (Celtic Connections, Piping Live, Vall D’aOsta, Scottish Weekend, Festival Interceltico de L’orient…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués.

Compaxina a súa tarefa de música profesional, produtor, arranxista e compositor coa súa laboura de mestre titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa Escola de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo, dende 2009.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed