Curso gaita anterga

Data
20/05/2017 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 €

Categoría


O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de gaita con Óscar Ibáñez en Santiago de Compostela os vindeiros sábados 20 e 27 de abril baixo o título Técnicas e repertorios da gaita “anterga” con mostras e prácitcas sobre o xeito de tocar dos gaiteiros Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo, Xoán Tilve e Ricardo Portela.

Detalles:

  • Duración: 6 horas
  • Prezo: 45 €
  • Datas: sábados 20 e 27 de maio
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 16 a 19 h
  • Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

 

Curso:  Técnicas e repertorios da gaita “anterga”

Curso sobre os xeitos e repertorios conservados da gaita galega no século XIX  e transmitido aos nosos días, especialmente no toque pechado dos gaiteiros da zona de Pontevedra, Manuel Villanueva, Xoán Tilve e Ricardo Portela. A aula consiste nun especializado aprendizaxe en repertorio e técnicas antigas da gaita galega abranguendo todos as aspectos na aprendizaxe do instrumento: organoloxía, tempero, afinación, notación, ornamentación, dixitación pechada, repertorio histórico…

Biografía

Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega. Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.  Dende 1995 dirixe o “Grupo de Música Tradicional Pai da Cana”. Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada. En 2008 crea a Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, unha iniciativa para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra como o sistema pechado de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó ou o sistema semipechado de Ricardo Portela. É o creador e organizador do “Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste”, “MUSGAFOL” e “JUELLES: Encuentro de Gaitas Europeas”. Na actualidade está a presentar a súa nova proposta musical “Oscar Ibáñez & Tribo”, formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria. Gravou recentemente e escribiu canda Xavier Groba o livro Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó. E está a piques de publicar un disco sobre Ricardo Portela

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed