Data
20/05/2017 _ 16:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 45 €
Categoría
O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de gaita con Óscar Ibáñez en Santiago de Compostela os vindeiros sábados 20 e 27 de abril baixo o título Técnicas e repertorios da gaita “anterga” con mostras e prácitcas sobre o xeito de tocar dos gaiteiros Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo, Xoán Tilve e Ricardo Portela.
Detalles:
- Duración: 6 horas
- Prezo: 45 €
- Datas: sábados 20 e 27 de maio
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Horario: 16 a 19 h
- Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
- Inscrición e info: matricula@folque.com
Curso: Técnicas e repertorios da gaita “anterga”
Curso sobre os xeitos e repertorios conservados da gaita galega no século XIX e transmitido aos nosos días, especialmente no toque pechado dos gaiteiros da zona de Pontevedra, Manuel Villanueva, Xoán Tilve e Ricardo Portela. A aula consiste nun especializado aprendizaxe en repertorio e técnicas antigas da gaita galega abranguendo todos as aspectos na aprendizaxe do instrumento: organoloxía, tempero, afinación, notación, ornamentación, dixitación pechada, repertorio histórico…
Biografía
Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega. Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra. Dende 1995 dirixe o “Grupo de Música Tradicional Pai da Cana”. Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada. En 2008 crea a Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, unha iniciativa para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra como o sistema pechado de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó ou o sistema semipechado de Ricardo Portela. É o creador e organizador do “Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste”, “MUSGAFOL” e “JUELLES: Encuentro de Gaitas Europeas”. Na actualidade está a presentar a súa nova proposta musical “Oscar Ibáñez & Tribo”, formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria. Gravou recentemente e escribiu canda Xavier Groba o livro Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó. E está a piques de publicar un disco sobre Ricardo Portela