Curso iniciación ZdZ

Loading Map....

Data
07/07/2017 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 10 €

Categoría


Óscar Fernández ofrece un curso de iniciación á zanfona no que non é preciso posuir instrumento. ZdZ dispón de nove zanfonas a disposición das persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada de catro horas. Grazas ao Padroado de Cultura do concello de Narón que as cede gratuitamente para a ocasión e poder espallar o coñecemento deste instrumento.

O curso ten unha duración de catro horas. Comezará este venres 7 de xullo de 16 h a 20 h no Auditorio de Rianxo.

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Nova Caixa Galicia 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer  de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o  ano 1998  céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional  combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos  e nos cursos da AIZ  con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…  Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed