Curso interpretación

Data
05/04/2014 _ 10:30 - 20:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: alternative text

Categoría


Curso intensivo (11 h) con este mestre vallisoletano, virtuoso e referente deste outro xeito de tocar a zanfona onde o instrumento perde a súa identidade propia e chega a límites sonoros, estéticos e estilísticos inimaxinábeis. Á altura vangardística da primeira xeración de renovadores do instrumento (Valentin Clastrier, Pascal Lefeuvre, Matthias Loibner) Germán imparte por vez primeira unha sesión didáctica para este Encontro. O que ofrece é un curso para todos os niveis para montar unha ensemble, embrionaria do proxecto .ORG ou Orquestra Revolucionaria Galega.German_Diaz

Germán Díaz  é na actualidade un dos zanfonistas máis recoñecidos no estado español e Europa. Actualmente forma parte de numerosos proxectos: Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo… cos que ac- tuou por todo o mundo. Como solista e coautor editou case unha dúcia de tra- ballos discográficos e colaborou nun cento de gravacións. O seu disco “Músicas populares de la Guerra Civil”, en colaboración con Antonio Bravo, foi elexido como 2o mellor disco do ano 2009 pola revista Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

Detalle de inscrición:

Horario Curso:

Sábado 5 abril: 10.30 a 14.00 h e 16 a 20.00 h

Domingo 6 abril: 10.30 a 14.00 h

Prezo Curso85 €

Prezo Estancia*60 € 

Detalles de inscrición

  • Curso: prazas limitadas
  • Hai praza para ointes (45 €)
  • Data límite de inscrición: mércores 2 de abril
  • Estancia: en réxime de albergue desde venres noite até o domingo ao serán: Cámping de Rianxo
  • Xantares: todo incluído desde a cea do venres até o xantar do domingo
  • Concerto ZdZ de balde
  • *Se só queres asistir ao curso e hospedarte pola túa conta pero compartir os xantares e ceas co grupo, o prezo é de 10 € cada comida.

Inscrición e info:- Correo electrónico: info@folque.com– Teléfono: +34 881 031 829

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Nova Caixa Galicia 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed