Curso pandeiros

Loading Map....

Data
18/02/2017 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 25 €

Categoría


Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece este monográfico de percusións de mao: “Pandeiros: técnicas e ritmos” para diferentes tipoloxías  de adufes.

* O prezo do curso é de 25 €, se queres vir tamén ao curso matutino de Percusión doméstica, o prezo total é de 35 €

Inscrición e detalles:

  • Duración: 4 horas
  • Prezo: 20 €
  • Data: Sábado 18 febreiro
  • Horario: 16-20 h
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Nivel: iniciación.
  • + info e inscrición: info@folque.com

Contidos xerais do curso:

  • Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
  • Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos. Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir.
  • O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.
  • Exemplos con audios, samples e partituras.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed