Data
18/02/2017 _ 11:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 20 €
Categoría
Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece este monográfico de percusión feita con instrumentos da fortuna, obxetos caseiros que calquera pode atopar na súa vivenda.
Detalles e inscrición:
- Duración: 4 horas
- Prezo: 20 €
- Data: Sábado 18 febreiro
- Horario: 11-14 h
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Nivel: para todo tipo de público, con ou sen coñecementos musicais, infantil e adulto.
- + info e inscrición: info@folque.com
* O prezo do curso é de 20 €, se queres vir tamén ao curso vespertino de Pandeiros, o prezo total é de 35 €
Contidos xerais do curso:
- Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas.
- Técnicas e ritmos galegos, da Península Ibérica, o Mediterráneo e Sudamérica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega.
- Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Contidos específicos:
Esta é unha actividade pensada para xuntar en torno as músicas tradicionais persoas de todas as idades. Dunha forma entretida e dinámica coñeceremos diferentes maneiras de tocar instrumentos domésticos. Veremos como interactuan coa música tradicional as culleres, cunchas, tixola, caldeiros, garfos, taboas de lavar, morteiro e latas variadas.
Obxectivos
– Ampliar as posibilidades sonoras destes instrumentos, tanto na música tradicional como noutros estilos.
– Abrir portas fora dos contextos tradicionais cara outras expresións artísticas como teatro, circo, improvisacións ou performances.
– Posibilidade de tocar música sen a necesidade de instrumentos custosos.
– Introdución práctica nestes instrumentos de conceptos musicais básicos como patrón rítmico, amalgamas, síncopa, contratempo.
– Traballar e aumentar dunha forma divertida a capacidade de coordinación e concentración.
– Coñecer varias maneiras de tocar percusións sobre melodías de diferentes niveis.
– Revalorizar as músicas de raíz fronte á problemática invasión de músicas comerciais.
– Poñer en práctica diferentes patróns e variantes para acompañar unha mesma peza.
Dirixido a
– Persoas interesad@s en ampliar coñecementos sobre músicas folclóricas de diferentes culturas e países do mundo.
– Músic@s que desexen ampliar sonoridades e ritmos.
– Grupos musicais interesados en preparar temas de percusión, ou introducir interludios en temas existentes.
Material
Para realizar o obradoiro é recomendable traer instrumentos domésticos como culleres, tixola, dedais de costura, táboas de lavar, sachos, latas, almirez ou morteiro,…
Tamén se poden traer outros instrumentos de percusión para usar como base rítmica nalgunhas partes do obradoiro.