Data
30/07/2016 _ 19:00 h
Lugar
Biblioteca de Rianxo
Prezo: 30 €
Categoría
Anxo Pintos imparte o curso para tocadores iniciados neste XII Encontro Internacional Zona da Zanfona de Rianxo. Serán 7 horas de curso para perfeccionar técnica e repertorio co grande mestre galego da zanfona, formador directa ou indirectamente de case todos os zanfonistas galegos actuais, creador dunha linguaxe propia adaptada da gaita á zanfona e recoñecido intérprete e compositor de longa traxectoria con máis de vintecinco anos nos palcos e nos discos máis importantes da música popular galega contemporánea.
O curso terá lugar ao longo do sábado na Biblioteca Municipal de Rianxo.
A seguir ofrecerá un breve recital a solo no concerto ZdZ a partir das 22.30h
O custo é de tan só 30 €
Horario: 10 h-14 h e 16-19 h.
Inscrición para o cursos de zanfona con Anxo Pintos:
Inscrición e info xeral:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
Detalles bancarios:
Abanca 2080-0342-60-3040009110
Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”