Curso perfeccionamento ZdZ

Data
30/07/2016 _ 19:00 h

Lugar
Biblioteca de Rianxo

Prezo: 30 €

Categoría


anxo-pintosAnxo Pintos imparte o curso para tocadores iniciados neste XII Encontro Internacional Zona da Zanfona de Rianxo. Serán 7 horas de curso para perfeccionar técnica e repertorio co grande mestre galego da zanfona, formador directa ou indirectamente de case todos os zanfonistas galegos actuais, creador dunha linguaxe propia adaptada da gaita á zanfona e recoñecido intérprete e compositor de longa traxectoria con máis de vintecinco anos nos palcos e nos discos máis importantes da música popular galega contemporánea.

O curso terá lugar ao longo do sábado na Biblioteca Municipal de Rianxo.

A seguir ofrecerá un breve recital a solo no concerto ZdZ a partir das 22.30h

O custo é de tan só 30 €

Horario: 10 h-14 h e 16-19 h.

Inscrición para o cursos de zanfona con Anxo Pintos:

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Abanca 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed