Data
04/03/2017 _ 16:30 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 25 €
Categoría
aCentral Folque organiza este curso de introdución á práctica da improvisación oral ou regueifa cunha das poucas mulleres que se adican a isto e son capaces de disputar en verso e cantando con esta arte universal en clave galega, Alba María. O curso está concebido en dúas semanas con dous sesións de unha hora e media cada unha. As prazas son limitadas para garantir un grupo reducido.
Detalles:
- Duración: 3 horas
- Prezo: 25 €
- Data: Sábados 4 e 11 marzo
- Horario: 16.30-18 h
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Nivel: para todos os públicos
- + info e inscrición: info@folque.com
O presente curso plantéxase coma unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Iniciaráse nas ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos, ademais de ofrecer guías sobre canto, métrica e versificación. Nun pequeno apartado teórico, realizaráse unha breve introdución aos tipos de improvisación oral na Península Ibérica e no resto do mundo, ademáis de abarcar as temáticas xerais tratadas neste tipo de actividade.
Podemos prometer e prometemos que acabarás botando canda menos unha regueifa ao final deste pequeno curso
Breve biografía sobre Alba María
Alba María (Gran Canaria, 1995) é unha cantora, compositora e regueifeira galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: “Aínda” (aCentral Folque, 2014). Desde os 13 anos comeza a cursar acordeón no Conservatorio de Vigo e mergúllase no mundo da música tradicional galega, desenvolvendo unha intensa actividade como improvisadora oral, eminentemente no eido da regueifa. Actualmente é alumna de canto na Escola Livre da MPG (aCentral Folque) e cursa canto na Escola de Música Popular Avanzada. Ademais, realiza estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.