Data
11/02/2017 _ 10:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 55 €
Categoría
A viguesa Begoña Riobó, a máis destacada e internacional intérprete galega de violino imparte este curso monográfico para a música folk. O obradoiro proposto é “Repertorio tradicional de gaita galega adaptado ao violín”, no que tratará de forma pormenorizada os repertorios e xeitos de tocar na música tradicional galega contemporánea.
Detalles:
- Duración: 8 horas (con descansos)
- Prezo: 55 €
- Data: Sábado 11 febreiro
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Horario: 10-14 h e 16-20 h
- Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas
- Inscrición: info@folque.com
Contidos:
- Ornamentación: os recursos violinísticos e recursos propios doutros instrumentos adaptados ao violín
- Práctica sobre repertorio musical tradicional
- Arco: fraseo, acentuación e outros recursos
- Práctica sobre repertorio musical tradicional
- Patróns ritmicos para acompañar musical tradicional
Breve biografía de Begoña Riobó
É a violinista por excelencia do panorama folk galego. Comeza a súa traxectoria profesional no ano 2000, formando parte da banda do gaiteiro Carlos Núñez durante unha etapa que a levou a pisar teatros e festivais ao longo dos cinco continentes e a tocar con primeiras figuras do panorama folk, entre os que cabe citar a The Chieftains, Dan Ar Braz, Sharon Sahnon ou Solas.
Participou en numerosos traballos discográficos, entre eles Carlos Nuñez e Amigos (Sony 2004), Premio da Música ao mellor disco de música tradicional en 2005. É membro da orquestra folk de Galicia SonDeSeu e colaborou en xira cos seguintes artistas: Lizgairo, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e Xosé Manuel Budiño. Dende o 2010 lidera a súa propia formación, Riobó, coa que editou dous traballos discográficos: Riobó (Zouma 2010) e Quiral.
No ámbito da docencia, Begoña Riobó imparte cursos volcados no ensino do violín na música tradicional. Destaca a súa participación no “Crisol de Cuerda”, único Fiddle Camp que Alasdair Frase e Natalie Haas organizan en España, ou o “San Simón Fiddle”, campamento de verán orientado a xoves violinistas e organizado pola asociación Galicia Fiddle. Na actualidade é profesora de arpa céltica na Escola Municipal de música folk e tradicional de Vigo E-Trad.