Curso voz: Mapi Quintana

Data
10/05/2014 _ 10:00 - 14:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: -

Categoría


TALLER DE TÉCNICA VOCAL  con Mapi Quintana (4 horas)

Sábado 10 maio, 10 a 14 h, CSC A Trisca. Prazas limitadas! (8 persoas)

Obligatoria preinscrición no mail: info@folque.com

QUE É?

O curso (Voice Craft) é unha aproximación sistemática ao adestramento da voz, para mellorar o rendemento profesional da voz cantada e falada. Ofrece aos participantes as ferramentas para descubrir a beleza en todas as voces mediante a produción de son, a través da práctica dos exercicios de 13 figuras obrigatorias (nivel 1) e 6 calidades de Voz (nivel 2). O curso está baseado no “Estill Voice Training” está baseado no traballo desenvolvido pola investigadora e pedagoga Jo Estill entre os anos 1970 e 2000.
Numerosos especialistas de diversos ámbitos de traballo vocal utilizan os fundamentos de Estill como base do seu adestramento. Profesores de voz falada ensinan as figuras e a súa aplicación no traballo de educar ou reeducar a voz. Para os cantantes e profesores de canto de todos os xéneros de música, Estill é unha ferramenta incomparable para adestrar a voz cantada.

METODOLOXÍA

A través do sistema de adestramento vocal Estill (EVTS), coñeceremos a voz e todas as súas cores vocais. Veremos como é a voz por dentro. Analizaremos todas as súas partes brevemente e o impacto que o movemento desas partes ten no son.

  • 4 horas de duración.
  • Prácticas en grupo ao longo de toda a sesión.
A QUEN VAI DIRIXIDO

Cantantes, docentes, actores e actrices, relatoras. A partir de 16 anos. Non se necesitan coñecementos previos de técnica vocal.

PROGRAMA
  1. Que é EVTS
  2. Esforzo
  3. Ola!, son a laringe
  4. Como funciona a respiración
  5. Tres figuras:  PVV: corpo-cobertura/Ancoraxes/Twang
Mapi Quintana Bellón (Asturias, 1976)

MapiQuintanaLicenciada na especialidade de Canto Jazz no Conservatorio de Amsterdam (2000 – 2004) onde asistiu a numerosas master classes con grandes músicos, entre eles Bobby McFerrin, Barry Harris, Avishai Cohen, Richard Bona, Diane Reeves, Deborah Brown e Roberta Gambarini. Master de canto jazz no Conservatorio de Amsterdam (2004 – 2006), onde empeza o seu traballo de integración da música tradicional asturiana no jazz.

Desde Abril de 2009 é Profesora Master Certificada (CMT, siglas en inglés) de Estill Voice Training System (Voice Craft). Estudou con Steve Chicurel, Kerrie Obert, Yonathan Keren, Dorte Hyldstrup e Helga Westmark. Desde 2006 traballa como profesora de jazz e técnica vocal (EVTS) en diferentes escolas e institucións de Holanda e España. Impartiu talleres e masterclasses en Holanda, España, Guatemala e Portugal.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed