Curso zanfona iniciación

Data
12/02/2017 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Galicia

Prezo: 35 €

Categoría


Óscar Fernández ofrece un curso de iniciación á zanfona no que non é preciso posuir instrumento. O curso dispón de nove zanfonas a disposición das persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada de catro horas grazas ao Padroado de Cultura do concello de Narón que as cede gratuitamente para a ocasión e poder espallar o coñecemento deste instrumento.

O curso ten unha duración de catro horas para dous grupos, un de mañán (10 a 14 h) e outro de tarde (16 a 20 h)

Inscrición e info xeral:

  • Duración: 4 horas
  • Prezo: 35 €
  • Data: Domingo 12 febreiro
  • Horario: 10-14 h (grupo I) e 16 a 20 h (grupo II)
  • Lugar: Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións, Santiago DC)
  • Nivel: para músicos iniciados
  • + info e inscrición: info@folque.com

 

Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer  de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o  ano 1998  céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional  combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos  e nos cursos da AIZ  con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…  Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed