Curso ZdZ: Baile

Data
06/07/2019 _ 16:30 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 15 €

Categoría


Mercedes Prieto conduce este curso de bailes do mundo para todos os públicos, preparación para o Baile Assalto da noite na praza Rafael Dieste dentro do festival Zona da Zanfona.

Detalles:

  • Data: sábado 6 de xullo 2018
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario:  16.30-20.30h
  • Prezo: 15 €
  • Inscrición: ver embaixo

Curso de danzas do mundo fundamentadas nos bailes frecuentes da “trad-ball” europeo. Músicas  galegas para o solto (xotas e muiñeiras) e agarrado (mazurca, valsa, pasodoble,polca,…) e outros ritmos europeos (schottische, cercle,…). Aulas prácticas con música ao vivo para a aprendizaxe de pasos básicos e gozo colectivo para pór en práctica logo á noite no Baile Assalto ZdZ.

MERCEDES PRIETO

É doutora en Ciencias da Educación da Universidade de Évora (Portugal). O tema da tese é o estudo da danza como contexto para a aprendizaxe da matemática no primeiro ciclo de ensino básico.

Realizou o grao superior de danza na especialidade de Pedagoxía da Danza na Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou no Instituto Politécnico de Beja (Portugal) como profesora; foi directora e coordinadora do sector pedagóxico da “Asociación PédeXumbo”; Colabora co CEFORE (Centros de Formación e recursos) na formación docente.

Autora de tres publicacións de danza. Zampadanzas da editorial Do Cumio, Na punta do pé de Pesdelán, editada por Kalandraka e Entroidanzas que é autoedición de Pesdelán. Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.

 


Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- número de teléfono

Detalles bancarios:

  • Abanca ES81-2080-0342-60-3040009110. Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed