Curso ZdZ: Baile

Loading Map....

Data
07/07/2018 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 30 €

Categoría


Mercedes Prieto e Sergio Cobos conducen este curso de bailes do mundo para todos os públicos, preparación para o Baile Assalto da noite na praza Rafael Dieste dentro do festival Zona da Zanfona.

Detalles:

  • Data: sábado 7 de xullo 2018
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 10-14h; 16-18h
  • Prezo: 30€
  • Inscrición: ver embaixo

Curso de danzas do mundo fundamentadas nos bailes frecuentes da “trad-ball” europeo. Músicas  galegas para o solto (xotas e muiñeiras) e agarrado (mazurca, valsa, pasodoble,polca,…) e outros ritmos europeos (schottische, cercle,…). Aulas prácticas con música ao vivo para a aprendizaxe de pasos básicos e gozo colectivo.

MERCEDES PRIETO

Desde o 2013 é alumna do programa de doutoramento en Ciencias da Educación da Universidade de Évora (Portugal). O tema da tese é o estudo da danza como contexto para a aprendizaxe da matemática no primeiro ciclo de ensino básico.

Realizou o grao superior de danza na especialidade de Pedagoxía da Danza na Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou no Instituto Politécnico de Beja (Portugal) como profesora; foi directora e coordinadora do sector pedagóxico da “Asociación PédeXumbo”; Colabora co CEFORE (Centros de Formación e recursos) na formación docente.

Autora de tres publicacións de danza. Zampadanzas da editorial Do Cumio, Na punta do pé de Pesdelán, editada por Kalandraka e Entroidanzas que é autoedición de Pesdelán. Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.

SERXIO COBOS

Especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folcklore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989.

Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.

Foi fundador e director artístico das compañias BRUMA e TREBÓN (Novas tendencias da danza galega), director musical e intérprete de danza nas compañías CÍRCIO e GS21 asi como intérprete do grupo VIOLIA (música tradicional galega)

É ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”.

En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE .


Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

  • Abanca ES81-2080-0342-60-3040009110. Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed