Curso ZdZ: Johannes Geworkian

Loading Map....

Data
07/07/2018 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 40 €

Categoría


Curso avanzado para o 14 Encontro Internacional Zona da Zanfona o vindeiro 7 de xullo cun das revelacións dos últimos anos no ámbito europeo para as novas músicas con zanfona, Johannes Geworkian Hellman

Detalles:

  • Data: sábado 7 de xullo 2018
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 10-14h; 16-19h
  • Prezo: 40€
  • Inscrición: ver embaixo

Sobre o curso:

Curso centrado en técnicas diferentes que podemos utilizar para acadar unha dinámica e variada interpretación tocando melodías. Inclúe exercicios para axudar os dedos a ter máis forza e máis rápidez e máis longo do que eran antes. Tamén ollaremos exercicios que poden desenvolver e estender a nosa técnica de trompeta para conseguir meirande versatilidade tocando patróns rítmicos. O material de traballo será principalmente música tradicional sueca e algo composto nos últimos meses.

Para quen é?

Penso que este taller convén a calquera persoa con interese en desenvolver a súa musicalidade e que toca por conseguir novas inspiracións, exercicios e ferramentas  para traballar na zanfona. Posto que é importante que ti durante este curso te sintas  inspirada, que tentes cousas novas e que aprendas algúns exercicios útiles que podes continuar a desenvolver após o curso.

Sobre o mestre:

O músico sueco Johannes Geworkian Hellman é considerado un dos tocadores de zanfona máis interesantes da súa xeración. Os últimos anos Johannes profesionalizouse como artista e músico apaixonado que gosta de partillar a súa música coa audiencia. Toca a solo ou xunto coas súas ensembles. Estudou na Universidade de Música en Estocolmo, a Sibelius Academia en Helsinki, e tamén con algúns dos mellores zanfonistas do mundo (Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Romain Boudain, Gilles Chabenat,…). Johannes trata o seu instrumento nun xeito raramente visto. A súa música de composición propia é unha mistura entre folk contemporáneo, pop e improvisación.

Johannes foi galardoado co ”The Best Newcomer of the Year” co seu duo Symbio nos Swedish Folk & World Music Awards 2016. Gañou o primeiro premio da competición internacional para Zanfona Solo “Les concours des vielles” En Chateu D´ars, Francia 2011.


Inscrición e info xeral:

  • Correo electrónico: info@folque.com
  • Teléfono: +34 698 144 852
  • Prazas limitadas (por orde de inscrición)

*As prazas están esgotadas! (a 28/06/2018)

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

  • Abanca ES81-2080-0342-60-3040009110. Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed