Curso ZdZ’20: avanzado

Data
04/07/2020 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 35 € (25 € ouvintes)

Categoría


©Nitay Yekutiel

Curso avanzado para o XVI Encontro Internacional Zona da Zanfona o sábado 4 de xullo cun músico multiinstrumentista, compositor e arranxista Efrén López.

Detalles:

  • Data: sábado 4 de xullo 2020
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 10-14h; 16-19h
  • Prezo: 35€
  • Ouvintes: 25 €
  • Prazas limitadas -15-
  • É preciso traer máscara que cubra as vías respiratorias; lavar as mans frecuentemente durante o curso; a aula será igualmente ventilada durante os descansos.

Inscrición:

  • Correo electrónico: matricula@folque.com
  • Enviar e-mail cos seguintes datos: Nome e apelidos / correo electrónico / número de teléfono
  • Datas de inscrición: do 15 ao 30 de xuño

Debes escribir un mail para anotarte. Recibirás a confirmación para a túa praza e os datos de pagamento. Disponibilidade segundo a orde de recepción do correo e pagamento da matrícula.

Sobre o curso:

Este obradoiro de sete horas está dirixido a zanfonistas de todos os niveis que desexen expandir as posibilidades do seu instrumento, incorporando novos repertorios, ornamentación, frases e ritmos ás técnicas e estilos de zanfona máis habituais.

Con ese propósito, sacamos o noso instrumento do seu contexto máis usual (música antiga, folk europeo…) para “contaminalo” con elementos tomados doutras tradicións (Bulgaria, Grecia, Creta, Turquía…) destilando destas elementos interesantes que nos axuden a enriquecer o noso son, independentemente do estilo de música que toquemos habitualmente.

As afinacións utilizadas no taller serán variadas.

Aínda que non é esencial, recoméndanse nocións de lectura de solfexo.

Sobre o mestre:

Músico intérprete, compositor, produtor e enxeñeiro de son especializado en instrumentos de corda pulsada da Europa medieval, o Mediterráneo Oriental, Oriente Medio e Asia Central.

Estudou zanfona con Maurizio Martinotti, Nigel Eaton e Pascal Lefevre, e téccnica de diversos laudes do Mediterráneo Oriental e Oriente Medio con Ross Daly, Erol Parlak, Mehmet Erenler, Erdal Erdal, Erkan Ogur, Omer Erdogular, Necati Çelik, Yurdal Tokcan, Ustad Mohammed Rahim Khushnawaz, Daud Khan Sadozai…

É fundador dos grupos Trio Petrakis / López / Chemirani, L’Ham de Foc, Evo, Aman Aman, EAR e Sabir, entre outros.

Como músico intérprete participou en numerosos proxectos con músicos de toda Europa, o Mundo Árabe, Turquía, Irán e a India: Jordi Savall, Capella de Ministrers, Oni Wytars, Derya Turkan, Ali Tekbas, Stelios Petrakis, Ross Daly, Kelly Thoma, Noma Omran, Zohar Fresco, Sima Bina, Siamak Aghaei, Pedram Khavarzamini, Bijan, Keyvan & Maryam Chemirani, Daud Khan, Faun, Rocio Márquez, Carles Dénia, Maria do Mar Bonet, Manolo García, Eléonore Fourniau ou Sylvain Barou.

Con todos estes proxectos actuou en festivais de Europa, América do Norte e do Sur, Asia e Norte de África.

No seu labor como enxeñeiro de son e produtor realizou traballos para: L’Ham de Foc, Ross Daly, Kelly Thoma, Stelios Petrakis, Milo ke Mandarini, E.A.R., Petrakis / López / Chemirani, Evo, Aman Aman, Sabir, A Banda do Pepo, Katerina Papadopoulou.

Como docente imparte regularmente talleres de técnica instrumental (zanfona, ud, baglama, guitarra sen trastes, rabab) e teoría (makam, música modal e enxeñaría de son) en varios centros de Portugal, Espanha, Francia, Cabo Verde, Turquía, Grecia, Chipre, Italia, Reino Unido, Alemaña, Dinamarca, Bélxica e Países Baixos. É co-director artístico do centro Labyrinth Catalunya e asistente do Labyrinth de Creta, dirixido por Ross Daly. Desde 2005 organiza talleres de música tradicional con profesores do máis alto nivel en diferentes localidades da zona de Valencia, achegando as formas tradicionais aos músicos locais.

Participou na gravación de máis de 70 discos, nove deles con proxectos propios, sendo galardoados con varios premios en Espanha e Alemaña.

 


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed