Curso ZdZ’21: iniciación

Data
09/07/2021 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 20 €

Categoría


Óscar Fernández ofrece un curso de iniciación á zanfona para o que non é preciso posuír instrumento. ZdZ ten zanfonas a disposición das persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada para músicos ou non músicos que queiran descubrir este universo sonoro desde cero.

O curso ten unha duración de catro horas intensivas con descansos recorrentes para lavar as mans e ventilar a sala.

Detalles:

  • Data: venres 9 de xullo 2021
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 16-20h
  • Prezo: 20€
  • Prazas limitadas -6-
  • Datas de inscrición: do 22 de xuño ao 7 de xullo
  • Debes encher o formulario dixital de embaixo

Formulario de inscrición:

Sobre o mestre

Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer  de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o  ano 1998  céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional  combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos  e nos cursos da AIZ  con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…  Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galega.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed