Curso ZdZ’23: avanzado

Data
01/07/2023 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 45 €

Categoría


Curso intensivo para tocadores iniciades sobre novos xeitos de interpretación e técnicas estendidas co virtouso mestre canadiano Ben Grossman, zanfonista, percusionista e compositor que ten acompñado en xiras internacionais a artistas de sona mundial coma Loreena McKennit ou Mercan Dede e que dun tempo a esta parte orienta a súa carreira na experimentación sonora. O curso está orientado a persoas con certa experiencia e habelancia técnica (non só de zanfona, senón que é válido tamén para calquera instrumento) de calquera nivel con interese en música experimental, composición contemporánea e fascinación polo son como materia prima.

Haberá tamén prazas para ouvintes que queiran asistir pero non participar dun xeito activo e práctico. O curso ten unha duración de sete horas intensivas. Desenvolverase en inglés con apoio puntual na tradución.

Detalles:w

  • Data: sábado 1 xullo 2023
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 10-14h e de 16-19h
  • Prezo: 45 €
  • Prezo ouvinte: 20 €
  • Prazas limitadas
  • Inscrición: debes encher o formulario dixital de embaixo

Sobre o curso:

Obradoiro intensivo para tocadores de zanfona (ou outros instrumentos) de calquera nivel con interese en música experimental, composición contemporánea, e fascinación polo son como materia prima.

Haberá exercicios de ‘Escoita Profunda’, estratexias de improvisación, técnicas estendidas e exploracións dos límites e limitacións do instrumento para facer das súas debilidades, fortalezas interpretativas. O mestre presentará a súa aproximación tecnolóxica e preparación do instrumento así como axuste e rglaxe específico para acadar obxectivos musicais non habituais e unha fará unha introdución ao procesamento aditivo e traballo de looping.

Alén de aprender técnicas e tecnoloxía, haberá posibilidade de traballar nalgunhas improvisacións en grupo, e na preparación do que é probabelmente será a primeira versión tocada por un ensemble de zanfona dunha peza famosa do célebre compositor minimalista Terry Riley!

Sobre o mestre

Ben Grossman é un músico moi demandado na actualidade no panorama das novas músicas en Canadá: improvisador, músico de estudio, compositor, e comisario de instalacións sonoras. Traballa en varios campos e varios rexistros: composicións, bandas sonoras para filmes e televisión, deseño de son para teatro, instalacións, electrónica experimental, transmisións de radio, e concertos solistas ou en bandas.
As ferramentas de Ben son a zafnona electroacústica, a percusión e a procurando o diálogo entre a interface física a creación de son, a composición espontánea e a exploración acústica.

Estudou zanfona en Europa con Valentin Clastrier, Matthias Loibner e Maxou Heintzen e tamén estudou música turca en Istambul. Cun interese en puxar os límites dos seus instrumentos e as fronteiras de calquera local ou medio no cal traballa, o fabuloso proxecto do duplo CD Macrophone foi lanzado en 2007 e nun concepto e formato único de dous disco para reprodución simultánea e aleatoria. É o fundador e director artístico de Silence, un local internacionalmente respectado e unha serie de concertos para música nova e experimental de arte sonora.

Ten traballado con artistas internacionais de suceso internacional coma Loreena McKennit, Mercan Dede, The Toronto Consort ou Mastika e participado en máis de 100 traballos discográficos.

Se queres saber máis do seu traballo, visita a súa web www.macrophone.org

 

Formulario de inscrición:

*recibirás un correo (non inmediato, non automático) oa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula

With help from


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed