Curso ZdZ’23: intermedio

Data
30/06/2023 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 30 €

Categoría


Obradoiro práctico para persoas iniciadas na zanfona que queiran expandir o seu coñecemento. Desta volta sobre recursos interpretativos co músico e pedagogo Vítor Soto. O curso ten unha duración de catro horas intensivas.

Detalles:

  • Data: venres 30 de xuño 2023
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 16-20h
  • Prezo: 30 €
  • Prazas limitadas.
  • inscrición: debes encher o formulario dixital de embaixo

Sobre o curso:

Obradoiro intensivo de catro horas para persoas iniciadas no instrumento. Temas a desenvolver:

1. Recursos interpretativos dun instrumento de tecla

  • Mesma nota distintos dedos
  • Glisandi
  • Uso do polgar

2. Recursos interpretativos dun instrumento de arco

  • Matices
  • Articulacións

3. Recursos interpretativos dun instrumento de percusión

  • Posibilidades
  • Estudo do bordón rítmico en distintos contextos

4. Execución do tratado en repertorio

Sobre o mestre

Vítor Soto é diplomado en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo e Técnico nas Ensinanzas Profesionais de Música na especialidade de Viola da Gamba, polo Conservatorio de Música Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.

Realiza estudos de zanfona con Anxo Pintos na E-TRAD de Vigo e con Germán Díaz en Santiago de Compostela e Lugo. Ten feito cursos con zanfonistas do prestixio internacional coma Tobie Miller, Johannes Geworkian Hellman, Efrén López, Gregory Jolivet, Francesco Giusta, Matthias Loibner….

Dende hai once anos, desenvolve o súa labor docente como ensinante de zanfona na Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra en Vigo, na Escola de Música do Centro Dotacional de Torroso (Mos) e no Centro Cultural O Fuscalho da Guarda. Durante este tempo, impartiu tamén aulas de zanfona na Asociación Cultural “Brisas do Quenllo” na Pontraga (Tordoia) e na Asociación Cultural “ Seis por Oito” de Vigo.

Entre as súas gravacións atópase a participación como zanfonista no disco homenaxe a Faustino Santalices “A zanfona na Galiza no s.XXI”, no libro/cd “Contos e Coplas de Estrelas” e no traballo “Trastempo” da Orquetra Sondeseu.

Organiza os “Cursos de Zanfona do Viso” xunto ó luthier e músico Carlos do Viso.

Formulario de inscrición:

*recibirás un correo (non inmediato, non automático) oa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed