Cursos de baile

Loading Map....

Data
22/06/2018 _ 18:00 h

Lugar
Praza de Mazarelos

Prezo: de balde

Categoría


Dentro do programa que o concello de Santiago de Compostela prepara para celebrar o San Xoán na cidade, aCentral Folque leva uns cursos de iniciación ao baile para todos os públicos e condicións. Os vindeiros 22, 23 e 24 de xuño na praza de Mazarelos en dous pases cada día ás 18 h e ás 20 h. As actividades son de balde.

Este é o programa:

  • Venres 22 de xuño. 18h e 20h (dous pases)

Bailes de roda da Galiza con Mercedes Prieto e Sergio Cobos. Obradoiro de danzas circulares con Mercedes Prieto; música ao vivo con Sergio Cobos (acordeón). Actividade de balde, dirixida a todos os públicos.

Os bailes en roda en Galicia están mais asociados a xogos que ao baile solto en si mesmo. Como na inmensa maioria do baile galego, estes bailes en roda, son unha mais valia para o noso folclore entanto e enquanto bailes vidos do século XVIII, anteriores e posteriores, engrosan o noso basto patrimonio bailado. Danzas mazurca/valse de Meira, o Chotis de Vila Xoán, Muiñeira corrida ou a Carrasquiña.

  • Sábado 23 de xuño. 18h e 20h (dous pases)

Xogos bailabeis galegos con Mercedes Prieto e Sergio Cobos. Obradoiro de xogos bailables con Mercedes Prieto; música ao vivo con Sergio Cobos (acordeón). Actividade de balde, dirixida a todos os públicos.

Os xogos bailabeis galegos son bailes de grupo e parella sinxelos. Transmitidos de xeración en xeración, o que se buscaba era socializar e brincar cos veciños, ao mesmo tempo os mais novos, aproveitaban para mocear. Moitos deles son cantados e mimados, o que os fai unha boa proposta para os que nunca se aventuraran no noso folclore e tamén para os máis cativos da casa.

  • Domingo 24 de xuño. 19h e 20h (dous pases)

Bailes soltos galegos con Rebeca Tallón e Xacobe Varela. Actividade de balde, dirixida a todos os públicos.

Achegamento ao baile propio galego como é a muiñeira e a unha variante da xénero ibérico por antonomasia: a xota. Obradoiro de iniciación para entendermos como funcionan estes bailes nas nosas festas e aprendermos uns puntos para participar en calquera foliada do país.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed