Monográfico canto e pandeireta

Data
09/02/2019 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


D’A Pontragha e outros cantos é un novo obradoiro dentro dos Monográficos de Inverno EmaCFolque 2019. Un curso intensivo de tres horas sobre o repertorio,  toques e cancións da zona da Pontraga (Tordoia, Coruña) con Carme Iglesias para tocador@s iniciadas no canto con pandeireta.

Contido do curso:

“Camiñaremos coa pandeireta debaixo do brazo polos distintos xeitos de tocar do concello [Tordoia] movéndonos entre o pateado da montaña  e o maneo case bergantiñán, entre a muiñeira acabalgada e o puño cerrado.”

Detalles do curso:

  • Data: sábado 9 de febreiro 2019
  • Horas: 11  a 14 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 € (20 € alunado EMaCFolque)
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Breve Bio

Carme Iglesias natural d’A Pontragha, no concelho de Tordoia, pode contarse entre as tocadoras e cantadoras do País por nacer no lugar onde naceu. O trabalho da Asociación Brisas do Quenllo, da que forma parte, a mediados dos 2000 para xuntar xs velhxs tocadorxs e bailadorxs da comarca desrubriulle un mundo novo, unha nova perspectiva da música, a lingua e a cultura popular, e unha gran curiosidade.

Esta é a peza chave para comezar asistir a aulas de pandeireta e canto no seo da Asociación da man de Xurxo Fernandes. É neste contexto no que xorde, polo 2018, o grupo de tocadoras Bouba, do cal é integrante e co que presenta un disco no ano 2016 (Vinculeiras).

Actualmente, imparte aulas de pandeireta e canto por e para distintas asociacións do País. Conta, así mesmo, con dous novos proxectos. Tralo-valo compartindo palco co zanfonista Ariel Ninas nun intento de darlle novas sonoridades de acompañamento ás músicas de sempre, e Lévedo, unha mestura entre a música tradicional e o rock progresivo.

 

 

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed