Danzantes dos Reis

Map Unavailable

Data
23/12/2018 _ 17:00 h

Lugar
Teleclube de Riofrio

Prezo: de balde

Categoría


O domingo 23 de decembro ás 17 horas ten lugar a presentación do libro “Os Danzantes dos Reis” no mesmo Riofrio, protagonista coas súas xentes dunha das danzas brancas máis representativas de Galiza que se fai no día de Reis cada 6 de xaneiro e que recolle nesta nova publicación da colección Cámara Escura, fotos e memorias deste sinalado acto da parroquia.

A presentación contará con algún dos danzantes actuais, co fotógrafo Eutropio Rodríguez, autor gráfico do libro, Alba Cid, escritora do texto que acompaña o libro, Xoan Carlos Bugarín Montes ‘Calis, alcalde de Mondariz e Ramon Pinheiro, editor e director artístico d’aCentral Folque.

Os Danzantes dos Reis | Los danzantes de Reyes | The three King’s dancers

Eutropio Rodríguez, Alba Cid

A parroquia de Riofrío, en Mondariz, conserva un complexo espectáculo de “danzas brancas” na mañá do 6 de xaneiro, que comeza tras as coplas de Reis dentro da propia igrexa de San Miguel, e continúa en órbita polo adro, arredor do templo. Non sempre foi así, ben se lembra o percorrido dos danzantes polos vales.

Este volume é un álbum de fotografías sobre os danzantes de Reis: os que danzan e as que danzaron, quen terma dos preparativos, mais tamén os gaiteiros, os retratos de man en man, os movementos e os lugares. As partituras e a transcrición das coplas acompañan as fotografías, así como un texto que explora canto alí acontece  -desde as sensacións aos atributos e a vestimenta-, trenzando voces e dando conta das transformacións profundas que as danzas experimentaron.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed