do Natal aos Reis

Map Unavailable

Data
17/12/2019 _ 20:00 h

Lugar
Merlin e familia

Prezo: de balde

Categoría


“do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal” é un repertorio temático sobre a tradición musical da Galiza e de Portugal. Tres músicos a tocar cancións propias dos dous países que comparten a mesma costume nas festas de Nadal. Cancións de Noiteboa ou de Consoada, de Natal, Manueles, de Ano Vello ou de Aninovo, de Reis ou Xaneiras,… repertorio que popularmente se interpreta de casa en casa por un grupo de persoas que piden o aguinaldo. Mudanza de ciclo anual e solsticio de inverno, cantos ao Neno, aos Reis Magos e á Epifanía nun estilo moi particular e diferente doutros xéneros das nosas músicas populares.

Haberá este martes 17 de decembro unha presentación deste traballo no local Merlín e Familia na rúa Nova de Santiago de Compostela coa participación do músico Ariel Ninas que falará do disco, tocará algún tema e fará cantar ao persoal asistente para facer un rancho de reis propio da época.

O galego Ariel Ninas e os portugueses Catarina Moura e César Prata con diversos instrumentos (sanfona, guitarras, dulcimer, adufe, harmónica, percusións e fundamentalmente voz) cantan e tocan cancións tradicionais do tempo de Natal da Galiza e de Portugal.

Este proxecto foi gravado ao vivo pola RTP (Rádio Televisão Portuguesa) e emitido en todo Portugal a noite do 24 decembro de 2017.

Podes escoitar nas plataformas online este disco picando nestas webs:

YouTube

Deezer

Spotify

ou a lista de reprodución en Youtube

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed