Do Natal aos Reis

Data
20/12/2020 _ 20:00 h

Lugar
Teatro Colon

Prezo: de balde (previa reserva)

Categoría


O vindeiro mércores, 23 de Decembro de 2020 ás 20 horas este concerto especial de Nadal dentro da programación da Deputación Provincial da Coruña no grande teatro Colón da Coruña con entradas limitadas e emisión en streaming.

As entradas estarán disponíveis aquí: https://corunacultura.sacatuentrada.es/gl

Do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal é un concerto temático sobre a tradición musical da Galiza e de Portugal. Tres músicos a tocar cancións propias das dúas beiras do Miño que comparten a mesma tradición nas festas de Nadal. Cancións de Noiteboa ou de Consoada, de Natal, Manueles, de Ano Vello ou de Aninovo, de Reis ou Xaneiras… repertorio que popularmente se interpreta de casa en casa por un grupo de persoas que piden o aguinaldo. Mudanza de ciclo anual e solsticio de inverno, cantos ao Neno, aos Reis Magos e á Epifanía nun estilo moi particular e diferente doutros xéneros das nosas músicas populares. Son cancións que o pobo continuou a cantar!

O galego Ariel Ninas e os portugueses Catarina Moura e César Prata con diversos instrumentos (sanfona, guitarras, dulcimer, adufe, harmónica, percusións e fundamentalmente voz) cantan e tocan temas tradicionais do tempo de Natal da Galiza e de Portugal. Este proxecto foi gravado ao vivo pola RTP (Rádio Televisão Portuguesa) e emitido en todo Portugal a noite do 24 decembro de 2017. No Nadal de 2019, aCentral Folque edita o disco en formato CD, disponíbel en todas as plataformas dixitais.

Elenco artístico:

  • Catarina Moura: voz, percusións
  • César Prata: voz, guitarras, adufe
  • Ariel Ninas: voz, sanfona, campás

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed