Data
22/12/2018 _ 20:00 h
Lugar
A Pontraga
Prezo: de balde
Categoría
Primeira parada do programa É Baile n’A Pontraga, Tordoia este sábado 22 de decembro, un evento organizado por aCentral Folque en parcería coa Asociación Brisas do Quenllo. A xornada ofrece para todos os públicos, un curso, un concerto e unha foliada. As actividades son de balde e terán lugar a partir das 18 h até non moi tarde, n olocal da Asociación, a antiga escola Unitaria do Lugar de Belvís, Numide. Estrada CP-5903 Km.5,5 no concello de Tordoia e moi perto de Ordes.
O programa do día en detalle é o seguinte:
18 h Curso de baile agarrado con Luís Prego
20 h Concerto-baile con Tralo-Valo
Carme da Pontraga: voz e pandeireta; Ariel Ninas: zanfona, harmónica e voz
21.30 h Foliada Aberta.
Podes vir e tocar no palco!
Tralo-Valo é a dupla Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes. Música de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións, florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados.