Efecto Proximidade: 01/09

Loading Map....

Data
01/09/2016 _ 14:00 h

Lugar
Mercado de Salgueiriños

Prezo: de balde

Categoría


EfectoProximidade_sqBaixo o nome de Efecto Proximidade, aCentral Folque organiza unha serie de actividades promovidas polo Concello de Santiago de Compostela para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade: o mercadiño de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.

Para este terceiro día de actividades no verán de 2016, ofrecemos:

 

PROGRAMA ARTÍSTICO

  • 11.30 a 12 h

Xogando miudiño

“Xogando Miudiño” é un fermoso espazo de xogo libre con birnquedos tradicionais, nel atoparás brinquedos clásicos neste tipo de espazos como: zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construccións… hai tamén un espazo bebés con mantas de abanear, carriños, cabaliños de balanzo… un espazo de brinquedos sonoros para a exploración musical, un espazo de medios de locomoción e outros pequenos xoguetiños que seguro nos has quedar indiferente.

 

  • 12 h

Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)

Dende o verán de 2008 Cé orquestra pantasma leva percorrendo o mais variado panorama festeiro galego e portugués . Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das sùas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarias populares do país.

 

CARPA ACTIVA

  • 11-13h

Laboreando, compartimos coñecementos

Acción permanente onde encontrarás unha mixtura de exposición, desmostracións e intercambio de coñecementos de diferentes labores: ganchillo,calceta, bordado, costura… aberta a todas aquelas persoas que gosten de participar. Aproveita que no propio mercado podes atopar os materiais necesarios para a elaboración dos mesmos.

A partir desta experiencia de fluxo de coñecementos desenvolverase unha instalación laneira na última xornada de verán. As participantes nestas quedadas deseñaran pequenas pezas co obxectivo de penduralas ao longo dos postos do mercadiño.

  • 12-12.30

MicroObradoiros

  • 11.30-12//12.30-13.30

Espazos asociativos

A Carpa como lugar de encontro e visibilización do tecido asociativo da contorna e da cidade

  • 12-13

Troco de Xoguetes

Ven a trocar os xoguetes que xa non usas… Unha aposta por achegar ás mais pequenas da casa a idea do reuso e intercambio de obxectos en desuso para nós, pero que poden ser novidade para outras.

 

ConSumo Gusto

  • 12-13.30

Degustación e elaboración de zumes de froitas e hortalizas

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed