Efecto Proximidade: 18/08

Data
18/08/2016 _ 13:00 h

Lugar
Mercado de Salgueiriños

Prezo: de balde

Categoría No Categories


EfectoProximidade_sqBaixo o nome de Efecto Proximidade, aCentral Folque organiza unha serie de actividades promovidas polo Concello de Santiago de Compostela para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade: o mercadiño de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.

Para este primeiro día de actividades no verán de 2016, ofrecemos:

PROGRAMA ARTÍSTICO

  • 11.30-12.30 e 13.30-14.00

Trópico de grelos: Obradoiro de Percusión

Os Obradoiros de Iniciación á Percusión de Trópico de Grelos son unhas aulas enfocadas para tódolos públicos, sin que os participantes teñan que ter coñecementos musicais previos. Neles, varios mestres e axudantes, encargaranse de achegar aos alumnos ao mundo dos ritmos afrobrasileiros, mentres a música os acompaña durante toda a aula.

Estos talleres resultan unha actividade dinámica e entretida, na que os participantes disfrutarán do contacto cos instrumentos e comezarán a sentir os ritmos como seus. Ainda que os alumnos non teñan conocimientos previos, dende o principio se verán inmersos na actividade, funcionando como parte do “bloco”.

As aulas enfatizan as bondades da coordinación e o oído musical, e fan do tempo lectivo un bo rato para compartir con outras persoas, que tamén buscan divertirse mentres aprenden.”

  • 12.30-13.30

Trasno Malabares: Circo na rúa

Podes soñar coa maxia, co riso, coa emoción que che transmitirá este espectáculo creado polo artista Pablo Trasno.

Integra circo, música, danza e teatro. Capaz de facerte sorrir e vibrar coas súas fazañas cómicas, cos seus malabarismos técnicos ou cos seus números acrobáticos. Emoción de principio a fin.

Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas mais completos e aclamados. Con mais de mil función as súas costas e experiencias en Reino Unido, Indica, Rusia, Cuba, Arxentina, Francia, Bélxica e Brasil.

CARPA ACTIVA

  • 11-13h

Laboreando, compartimos coñecementos

Acción permanente onde encontrarás unha mixtura de exposición, desmostracións e intercambio de coñecementos de diferentes labores: ganchillo,calceta, bordado, costura… aberta a todas aquelas persoas que gosten de participar. Aproveita que no propio mercado podes atopar os materiais necesarios para a elaboración dos mesmos.

A partir desta experiencia de fluxo de coñecementos desenvolverase unha instalación laneira na última xornada de verán. As participantes nestas quedadas deseñaran pequenas pezas co obxectivo de penduralas ao longo dos postos do mercadiño.

  • 12-12.30

MicroObradoiros

  • 11.30-12//12.30-13.30

Espazos asociativos

A Carpa como lugar de encontro e visibilización do tecido asociativo da contorna e da cidade

ConSumo Gusto

  • 12-13.30

Degustación e elaboración de zumes de froitas e hortalizas

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed