Eliseo Parra na RMS

Data
20/06/2015 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 4 €

Categoría


eliseoParraConcerto de peche para a Rede de Músicas Soltas do 2015 en Redondela. Remate cun concerto escepcional dun dos grandes nomes do novo folk castelán dun veterán e sempre novidoso Eliseo Parra.

Eliseo Parra, nacido na Ribeira do Douro un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante.

Aos 14 anos de idade a familia emigra á Barcelona dos anos 60 e é alí onde, sen querelo, convértese en músico profesional aos 18 anos e estudante libre no Conservatorio Municipal.

Case desde o principio foi batería-cantante en bandas de rock. Naquela gran Barcelona do setenta, acompañou en directo ou en disco a Ovidi Montllor, Gato Pérez, María del Mar Bonet, Marina Rossell ou Al Tall, entre outros.

Nesta época empeza a abandonar a batería para entrarse máis no canto e a percusión menor para converterse en cantante de salsa de orquestras.

En 1983, trasládase a Madrid co grupo Mosaico, xa para facer música tradicional; dous discos foron froito daquela unión: Homenaje a Agapito Marazuela (1984) e De raíz (1985).

Ao desfacerse o grupo, traballa con Elisa Serna, Angelo Carril, María Salgado e moitos máis de toda índole.

Percorreu medio mundo actuando coa súa magnífica e fiel banda e colaborou con gran parte dos grupos de recreación tradicional da Península.

Realizou traballo de campo por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborado nos libros e discos de recompilación deste, como transcriptor musical.

Cabe destacar tamén o seu Suite Romance, que estreou o Ballet Nacional e a Orquestra Sinfónica de Madrid e o seu traballo como músico e actor para a Compañía Nacional de Teatro Clásico na obra de Lope de Vega Peribáñez y el Comendador de Ocaña.

Por último resaltar o seu labor docente desde fai seis anos como profesor de percusión e canto tradicional.


 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed