Encontro con Guadi Galego

Data
10/05/2014 _ 12:00 - 14:30 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 25 €

Categoría


3ª sesión do programa Facemos cancións. Como? Para que? dentro das actividades no local da Folque para este 1º semetre de 2014, sesións ben interesantes de encontros con autores actuais da canción en galego.

Xuntanza coa cantora Guadi Galego que explicará a sua visión da composición e as variacións da música tradicional aprendida.

GUADI GALEGO.

Arrecende a tradición pero ten aromas do folk, do jazz ou do pop. Benzón é o traballo máis persoal de Guadi Galego, unha das voces imprescindíbeis da música contemporánea galega. Acompañada por Alejandro Vargas ao piano, José Manuel Díaz no baixo e L.A.R. Legido na batería, Guadi Galego ofrécenos un directo no que a música seduce e entusiasma, emociona coa forza da tradición e revólvenos co impulso da modernidade.

guadigalegoA sólida traxectoria de Guadi Galego na música desemboca agora neste proxecto de autora, persoal, que bebe do camiño andado pero supón tamén un novo chanzo no que a súa feitura se mostra poderosa, con identidade de seu, coa marca que a sitúa como unha das grandes voces do noso tempo. En Benzón, Guadi Galego valora e reverencia a herdanza das xeracións anteriores que trae aos nosos días para ofrecernos os sons máis actuais da nova Galicia. Unhas raíces profundas das que emerxen, con forza, as pólas que compoñen esta Benzón.

A presenza de Guadi Galego en escena, a súa singular voz, evoca os grandes nomes da canción universal. A artista quixo que os ceos que ilustran o seu disco fosen o símbolo da música que nos ofrece. Espazos limpos ,claros, abertos, sen fronteiras. Así entende ela a súa música, ancorada na terra pero repleta de aire que se expande polo universo enteiro.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed