Encontro con Ugia Pedreira

Loading Map....

Data
26/04/2014 _ 12:00 - 14:30 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 25 €

Categoría


2ª sesión do programa Facemos cancións. Como? Para que? dentro das actividades no local da Folque para este 1º semetre de 2014, sesións ben interesantes de encontros con autores dactuais da canción en galego.

Ugia Pedreira, a voz de Marful e Acrobata fará un obradoiro experimental de recursos para compoñer cancións partindo do pensamento- palabra.

A vida levouna a editar 8 discos e a crear o Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque (anteriormente o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín) e converterse nunha xoven empresaria que coñece o palco,a producción, a edición, a investigación musical desde a base social.

ugiaPoeta da vida, pensadora e comunicadora irreverente, constructora de espazos escénicos desde movementos calados e pequenos Ugia cambiou visións e percepcións no panorama musical galego conceptualmente desde a excepción e a minoria activa. Navegante das vangardas pola sua capacidade de risco e de vision de águia exprime coa voz un mar de emocións vividas. Como profesora de canto ama o ensino desde o ponto de vista da escena, da interpretación e da saude ao cantar. Como poeta escribeu un libro chamado Noente Paradise de poemas e canzons, donde a letra das músicas está ao mesmo nivel que a poesia non musicada.

Partillou escena e músicas con David Murray, Jacky Molard, Jean Michel Veillon, Kalinka Vulcheva,Erick Marchand,Fred Martins, Alejandro Vargas, Pablo Milanés, os italianos Banda Bassotti, Eliseo Parra, Jorge Drexler, Fermín Muguruza, Mikel Urdangarín, Dulce Pontes, Amparo Sánchez, Antón Reixa, Kaki Arkarazo, e tantos amigos-artistas do pais do seu mesmo oficio. E partillou vida teatral xunto a directora Cristina Dominguez quen lle deu a oportunidade de fazer espazos sonoros para teatro e con quen di Pedreira que aprendeu as miradas prismáticas da escena.

“As minhas canzons som a minha biografia” dicía nunha entrevista á prensa.

 

 O seu grupo actual leva o nome do seu avó emigrado a Cuba: Marful. Un grupo de culto dentro da musica de fusión europeia que ten recibido exóticos premios e eloxios surreais, e co que ela se sinte en máxima conxunción. É con Marful que prepara o seu próximo disco, terceiro da banda.

 Ugia é nacida entre o monte sagrado de Cornería e o Castro de Vilaronte, lugar da Mariña donde o amor pola arquitectura, o deseño, o coñecimento dos salons de baile e a historia de emigración mariñana a Cuba marcou fortemente a sua inspiración. Actualmente comparte proxecto de recital poetico-musical coa sua parceira Marina Oural Villapol, con actuacións só fora da Galiza, duo co recoñecido zanfonista dos Cempés Oscar Fdez, e dando os últimos coletazos co disco galego-brasileiro Acrobata xunto con Fred Martins.

Con un pé en Bretagne e outro en Compostela está o ponto donde experimenta ultimamente unha serie de cancións de todos estos anos ao lado de Niko e Pierrot.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed