Farruco de Montrove

Data
30/06/2018 _ 13:30 h

Lugar
Centro Cultural de Montrove

Prezo: de balde

Categoría


Presentación e micro-concerto (coa gaita orixinal de Farruco! do s.XIX) sobre o libro “Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña” escrito por Moncho do Orzán, un novo título da coleción Chave Mestra que aCentral Folque publica sobre senlleiros personaxes da tradición oral e musical galega.

O acto de presentación terá lugar este sábado 30 de xuño ás 13.30h no Centro Cultural de Montrove (Oleiros).

Desta volta, a protagonista é a gaita e os toques antigos e urbanos da Coruña personificada na figura do lendario Farruco de Montrove onde tamén se falan de outros grandes mestres coma Francisco Paradela, Enrique Ambite, Alejandro Temprano entre outros. Este libro está acompañado de gravacións inéditas de diferentes arquivos (Alan Lomax, Cántigas da Terra, Pepe Temprano). Inclúe partituras transcritas das melodías recollidas no CD. O seu autor, Moncho do Orzán, conduce un ameno relato pola música popular coruñesa ao longo do século XX.

Haberá unha intervención musical coa gaita orixinal que tocaba Farruco de Montrove, un instrumento de máis de 100 anos que volve soar para este libro e neste acto.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed