Festigal

Data
25/07/2018 _ 22:00 h

Lugar
Campus Sur

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro 25 de xullo de 2018, aCentral Folque terá un posto no espazo editorial do Festigal que se celebra cada ano no Campus Sur de Compostela no día da Patria.

Ademais ás 19:30 h. na Galería das Letras e Ideas presentarase “Mulleres de Gargamala! Cantares da tradición oral”, de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, titulo da colección Chave Mestra. Intervirán Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, autora e autor do libro, e Alba María, que conducirá o acto.

Estas son as actividades do espazo ao longo da tarde:

  • 17:00 h. Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio. Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, 2017.
    Edita: Fundación Galiza Sempre. Participan: Francisco Jorquera, presidente da FGS; Ana Miranda, eurodeputada polo BNG e vicepresidenta da FGS; Carlos Babío e Manuel Pérez, autores.
  • 17:30 h. Invisibles. Relatos do maltrato. Montse Fajardo, 2017. Edita: Edicións Matriarcas. Participan: Montse Fajardo, autora do libro; e Carme Fouces, responsábel de Igualdade no Concello de Pontevedra.
  • 18:00 h. Catalunya e Galiza, análises para avanzar. Coord. Rubén Cela Díaz, 2018. Edita: Fundación Terra e Tempo. Participan: Marta da Costa (Escritora e membro do Padroado da Fundación Terra e Tempo), Ramón Grosfoguel (Sociólogo portorriqueño. Profesor na Universidade de California en Berkeley, un dos maiores especialistas a nivel mundial da teoría decolonial e autor dun dos artigos deste volume), David Minoves (Presidente do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (CIEMEN) e autor dun dos artigos deste volume) e Roger Castellanos (Membro do Secretariado Nacional de Poble Lluire).
  • 18:30 h. Metodoloxía didáctica do repente galego. María Porto e Henrique Salvador, 2017.Edita: Deputación de Pontevedra. Participan: María Porto, Henrique Salvador, autores; Carlos Alonso, presidente da Asociación ORAL; e Xosé Leal, responsábel de Cultura na Deputación de Pontevedra. *Haberá unha demostración de repente galego.
  • 19:00 h. Os soños na gaiola (Edición facsímile ilustrada por Reimundo Patiño). Manuel María, 2017.Edita: Casa – Museo Manuel María. Participan: Montse Pena, profesora da USC; Pepe Barro, deseñador gráfico; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María.
  • 19:30 h. Mulleres de Gargamala! Cantares da tradición oral. Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, 2017. Edita: aCentralFolque. Presentan: Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, autora e autor do libro, e Alba María, representante de aCentralFolque.
  • 20:00 h. Bonus Track. Rosalía Fernández Rial, 2017. Edita: Editorial Galaxia. Presentan: Rosalía Fernández Rial, autora do libro; e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed