Gaiteiro de Poso

Loading Map....

Data
31/10/2017 _ 18:00 h

Lugar
Salon de Plenos

Prezo: de balde

Categoría


Un novo título da colección Chave Mestra vaise presentar en Navia de Suarna. “Manuel López López. O Gaiteiro de Poso” é un libro sobre este singular músico escrito por Carlos Rey, Iván Costa e Sergio Cobos. Como todos os títulos desta colección, contén un CD con música inédita, gravacións documentais ao longo de corenta anos de carreira artítica de Manuel López, gaiteiro que amenizou as festas da contorna desta comarca dos Ancares cun estilo único. Ademais de comentarios biográficos e musicais, hai transcripcións a moitas das súas singulares interpretacións.

O acto terá lugar o martes 31 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Navia de Suarna ás 18 horas e contará coa asistencia dos autores, o editor da colección Ramon Pinheiro e o alcalde da vila José Fernández.

No acto ademais interpretaranse pezas do repertorio de Poso coa gaita orixinal, cedida pola familia do músico.

O Gaiteiro Poso (1907-2000) natural de Návia de Suarna está considerado como un dos mais virtuosos gaiteiros do s.XX e como o máximo representante do particular estilo das montañas orientais de Galicia.

O seu vasto repertorio e depurada técnica ofrécennos unha extraordinaria mostra dos xéneros e expresividade mais xenuinos da comarca.

Ás diversas gravación domésticas realizadas por Poso desde os anos sesenta somase unha insolita gravación profesional realizada en Madrid a finais dos setenta editada nun rarísimo disco non venal que recuperamos en exclusiva para a presente edición.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Comments are closed