Gala Hemisferios

Data
24/11/2017 _ 20:30 h

Lugar
Teatro Colon

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro

Categoría


HEMISFERIOS. Mulleres e voces” é o título da gala musical que se celebrará o vindeiro venres 24 de novembro no Teatro Colón da Coruña co gallo da canción composta pola cantante Alba María para a celebración do Día Internacional das Mulleres no 8 de marzo de 2017.

“Hemisferios” é un único concerto especial e unha celebración de oito voces en oito mulleres. É este un proxecto que pon en común a creatividade de oito das máis recoñecidas voces da nosa música. Uxía, Pilocha, Alba María, Belén Tajes, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, voces de diferentes xeracións e estilos, únense, convidadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, nun tema musical que busca celebrar desde o orgullo, a vindicación, a emoción e a vontade de loitar e de avanzar na igualdade de xénero, para unha sociedade máis xusta e mellor.

A gala está deseñada pola directora e dramaturga Cristina Domínguez e será conducida pola cantante, compositora e improvisadora Alba María. A dirección musical corre a cargo de José Manuel Díaz cun elenco escollido de músicos.

Hemisferios. Canción para o 8 de marzo de 2017

O departamento de Cultura da Deputación Provincial da Coruña encargoulle en xaneiro de 2017 á cantante Alba María a composición dun tema co gallo do Día Internacional da Muller deste ano. aCentral Folque encargouse da produción musical da canción con traballos que inclúen a creación dos arranxos que arroupan a canción, a selección dos músicos de sesión, a gravación nun estudo profesional e a súa masterización e a coordinación das oito cantantes que forman o elenco vocal do tema, traballos que se detallan a continuación. O compositor e músico cubano José Manuel Díaz apañou a canción de Alba María e transcribiu en partitura a melodía, engadiulle a harmonización e arranxos.

O elenco de cantantes completouse cos seguintes nomes, figuras sobranceiras da canción galega: Pilocha, Uxía, Belén Tajes, Silvia Penide, Sonia Lebedynski, Ugia Pedreira, Carmen Rei e Alba María. A canción foi lanzada publicamente o 7 de marzo de 2017 baixo a forma dun videoclip montada expresamente para a ocasión e acubillado no portal de vídeos YouTube, na canle da Deputación Provincial da Coruña

Cantantes:

  • Pilocha
  • Ugia Pedreira
  • Silvia Penide
  • Uxía
  • Sonia Lebedynski
  • Belén Tajes
  • Carmen Rey
  • Alba Rodríguez

Banda:

  • José Manuel Díaz: arranxos e contrabaixo
  • Felipe Villar: guitarra
  • Roberto Comesaña: acordeón e piano
  • Javier Pereiro: Trompeta
  • Javier Barral: percusión

Dirección artística da gala:

  • Cristina Domínguez


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed