Guadi Galego na RMS

Data
21/03/2015 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 4 €

Categoría


GuadiGalegoPresentación do último e aclamado disco de Guadi Galego, un pop lírico e de poderosa enerxía humana para continuar coa Rede de Músicas Soltas na vila de Redondela.

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta  Lúas de outubro e agosto o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.

Lúas de outubro e agosto contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

Este segundo álbum de Guadi Galego gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, quen soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

Lúas de Outubro e Agosto preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed