Historias da Tinta Imaxinaria

Data
29/12/2018 _ 18:00 h

Lugar
Salón do Voluntariado

Prezo: de balde

Categoría


Historias da tinta imaxinaria é unha paisaxe imaxinaria que pretende achegar  caras da oralidade galega a todos os públicos, especialmente aos máis pequenos e pequenas coa participación de Paula Carballeira (contadora) Alba María (improvisadora oral) e Queco Díaz (guitarrista).

Farán este espectáculo dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña o vindeiro sábado 29 de decembro de 2018 no Salón do Voluntariado de Muxía ás 18 h da tarde e con entrada de balde.

  • Paula Carballeira. Narradora
  • Alba María. Regueifeira literaria
  • Queco Díaz. Guitarrista e pedagogo

Público infantil e familiar.

 

Estamos diante dun espectáculo que, coa palabra e a música como ferramentas, procura o humor agudo e tenro e a expresión sinxela e sutil. Paula Carballeira e Alba María presentan esta paisaxe imaxinaria que pretende achegar tres caras da oralidade galega (conto, poesía improvisada e canto) aos máis pequenos. A través da narradora oral Paula Carballeira acóllese unha paleta de cores que vai guiando o espectáculo por diversas historias. Sobre estes contos, a cantora e regueifeira Alba María axudada polas palabras do pequeno público e polos versos que crea no momento elaborará cancións improvisadas xunto co acompañamento dunha instrumentista en directo. Historias da tinta imaxinaria procura ser un espectáculo completo, innovador e enormemente participativo, ata o punto de ser o público o propio creador de contidos a tempo real. Unha achega das nenas e nenos ás tintas imaxinarias, aquelas que só se poden escoitar, cantar e falar. Aquelas que posuímos para crearmos e construírmos a realidade coas palabras que nos dá a nosa lingua.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed