Inicio curso EMPA

Loading Map....

Data
13/10/2017 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Galicia

Prezo: alternative text

Categoría


En outubro comeza o curso escolar que aCentral Folque leva adiante hai máis de 15 anos en Galicia. A Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA) reside en diferentes espazos da cidade de Santiago de Compostela (Auditorio de Galcia, CSC da Trisca, CSC Castiñeiriño, LCS Caramoniña), inicia un ano académico en 2017/2018 para seguir ofertando aulas de calidade para todos os públicos. Cursos monográficos de distintas especialidades, aulas individuais en diversos instrumentos, o Curso Maxistral para músicos iniciados, aulas colectivas de coñecementos xerais… toda a información pódese ver na web para coñecer todos os detalles.

MISIÓN

aCentral Folque estáblecese hai máis de quince anos coa misión de estudar, divulgar e promocionar a música popular galega desde un enfoque aberto e contemporáneo. Cunha orientación e plan de estudos que aposta pola profesionalización do alumnado, aCentral Folque traballa para ser un espazo creador de novas voces na música popular galega.

ESTRUTURA DA ESCOLA

A escola conta con dúas liñas de traballo docente: as Aulas individuais e colectivas e o Curso Maxistral aCF.

+ Aulas individuais

Aulas individuais especializadas en diferentes instrumentos e técnicas. Abertas para todo tipo de persoas interesadas na música popular galega con independencia dos seus coñecementos musicais. Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión.

Para coñecer máis sobre as Aulas individuais e  pica aquí.

+ Aulas colectivas

Aulas en grupo en diferentes disciplinas sobre a música popular contemporánea na Galiza. Gaitas, Baile, Regueifa e improvisación oral, Linguaxe musical: método Kodály, Canto e pandeireta, Harmonía na música popular. Para estas aulas é preciso coñecementos previos de música (agás en Regueifa e improvisación)

Para coñecer máis sobre as Aulas individuais e  pica aquí.

+ Curso Maxistral aCF

O Curso Maxistral aCF é un curso estruturado en 2 anos que vai orientado ás persoas iniciadas na música popular galega. Ofrece un estudo amplo e profundo do legado musical galego unido á ensinanza de linguaxes e métodos de vangarda. O obxectivo é dotar ao alumno dunha bagaxe sólida que lle permita expandirse como músico e expresar a súa propia voz dentro da escena contemporánea. Para coñecer máis sobre o Curso Maxistral aCF, pica aquí.

+ Matrícula nos cursos

A matrícula nos cursos da Escola tanto no itinerario do Curso maxistral como nas aulas de especialización podes facela aquí

+ Docentes na escola

Máis de vinte especialistas en activo aprenderán os máis diversos coñecementos sobre a música popular. Mestres permanentes de ensino regular coma: Alejandro Vargas, Carlos Freire, Alba María, Óscar Fernández, Roberto Sala, María G. Blanco, Ramon Pinheiro, Pablo Pérez,  Sergio de la Ossa, Paulina Ceremuzynska, Serxio Cobos, Javier María López ou convidados para seminarios especiais coma Dorothé Schubart, Fernando Abreu, Tomás Ageitos, Olga Kirk, Quique Peón, Felisa Segade, Paulo p, Óscar Ibáñez, Pedro Fariñas, Xavier Groba, Carme Iglesias, Jose Luís do Pico, Rosalía Rodríguez, David Bellas,…

HISTORIA

A historia d’aCentral Folque é unha historia de loita pola divulgación da música popular galega e pola mellora da súa situación no contexto contemporáneo.

A súa semente remóntase ó Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Fundado no ano 2000, o CMFT rematou consolidándose como centro de referencia nacional e internacional atraendo a alumnado de toda a xeografía galega e estudantes chegados de Estados Unidos, Estonia, Portugal, Romanía… a pesar da carencia dunha titulación oficial para este tipo de ensinanza na Galiza. Supuxo un espazo pioneiro na renovación pedagóxica das prácticas musicais derivadas das músicas galegas de transmisión oral. O resultado foi unha nova canteira de intérpretes cualificados, coñecedores do ámbito profesional e abertos a experimentación e á creatividade tendo como punto de partida a música galega.

No ano 2008, o proxecto educativo traslada a súa sede a Santiago de Compostela, xa como aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. A ilusionante proposta, que tivo como sede a Escola de Altos Estudos Musicais, centrouse fundamentalmente na elaboración dun proxecto curricular para a música popular galega homologábel ás titulacións oficiais regradas do ámbito europeo. O obxectivo prioritario era fornecer contidos e coñecemento no alumnado para unha saída profesional. A traxectoria desde centro viuse abruptamente truncada pola perda de apoios económicos institucionais. Estas circunstancias motivaron que no curso 2009 até o 2014 a escola tivese unha nova formulación adaptándose ás necesidades específicas dunha formación aberta para todos os públicos da comarca de Compostela.

En 2015 ábrese un novo contexto e o proxecto dótase de novos horizontes. Este novo contexto nos leva a reformular novamente o proxecto recollendo toda a experiencia acumulada polo equipo técnico, artístico e docente, nos últimos quince anos, e dotándoo dunha nova e completa oferta educativa baixo o nome xenérico de aCentral Folque, Escola de Músicas Populares e Avanzadas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Comments are closed