Data
31/01/2015 _ 21:00 h
Lugar
Fórum Metropolitano
Prezo: 9 € / 7 €
Categoría
Coruña acolle a posta en escena de “Os contos de Joselín”. Esta será a presentación do espectáculo na cidade herculina sobre os contos de José Rodríguez de Vicente. Tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval é o director artístico deste espectáculo, no que tamén participan en palco o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrecerá tamén imaxes de época de Joselín, do que se poderá escoitar un conto na súa voz.
Esta aposta escénica ao redor do primeiro actor galego en gravar un disco coa súa voz é unha produción de aCentral Folque para revitalizar unha figura esquecida pero chave para comprender moito do humor que hoxe se fai na Galiza.