Joselín, o espectáculo

Data
11/10/2014 _ 22:30 h

Lugar
Mercado Municipal

Prezo: 3 €

Categoría


Dentro da programación do XXIV FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), Joselín o espectáculo preséntase en Carballo nunha noite especial compartindo palco coa estrea da nova obra de Antón Coucheiro no espazo escénico do Mercado no centro da vila.

Desta volta o espectáculo dous oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval é o director artístico deste espectáculo, no que tamén participan o lalinés Celso Fernández Sanmartín. O espectáculo ofrecerá tamén imaxes de época de Joselín, do que se poderá escoitar un conto na súa voz.

Esta aposta escénica ao redor do primeiro actor galego en gravar un disco coa súa voz é unha produción de aCentral Folque para revitalizar unha figura esquecida pero chave para comprender moito do humor que hoxe se fai na Galiza.

cartel cor_duo_web

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed