Joselín, o espectáculo

Loading Map....

Data
12/07/2014 _ 22:30 h

Lugar
Concello de Baiona

Prezo: de balde

Categoría


Joselin_show_webBaiona acolle a estrea escénica de “Os contos de Joselín”. Esta será a presentación do espectáculo que terá lugar na vila orixinaria de José Rodríguez de Vicente,  onde chegou a ser o seu alcalde.  Tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval é o director artístico deste espectáculo, no que tamén participarán en palco o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrecerá tamén imaxes de época de Joselín, do que se poderá escoitar un conto na súa voz.

Esta aposta escénica ao redor do primeiro actor galego en gravar un disco coa súa voz é unha produción de aCentral Folque para revitalizar unha figura esquecida pero chave para comprender moito do humor que hoxe se fai na Galiza.


 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed