Juana_Docencia

Data
29/04/2018 _ 19:00 h

Lugar
Casa da Cultura

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro sábado 29 de abril Vimianzo acolle a representación dunha obra multidisciplinar onde se misturan poesía, música e danza, resultado dos obradoiro e residencia artística da acción Juana_Docencia. A actuación será con entrada de balde ás 19 h na Casa da Cultura e está dentro da programación de Juana de Ibarbourou_Docencia, proxecto premiado co “Luisa Villalta” convocado pola Deputación da Coruña.

Ficha técnica:

Idea Orixinal, Composición, Dirección, Textos, Voz: Marina Oural Villapol (MOV)

Dirección Musical, Saxo Soprano e Percusión Miúda: Chefa Alonso

Danza e Coreografía: Irene Álvarez Coto

Batería: Ramón Peña Gómez

Contrabaixo: Jorge Frías

 

Unha semente en movemento dende Galiza a Uruguai comeza a sua viaxe coa grande poeta uruguaia Juana de Ibarbourou ‘Juana de América’, no vínculo entre dúas terras, é pretexto para unha creación escénica que integra diversas disciplinas artísticas: poesía, danza, música e docencia ao servizo do teatro. A escritora americana da nome á biblioteca de Lourenzá (Lugo) dende o ano 1962. Seu pai, nado nesta vila, emigra a Uruguai a mediados do S.XIX, a artista naceu na cidade de Melo a finais do mesmo século e a partir dos 18 anos residiu en Montevideu ata a súa morte. Serán os organismos da época, os que faciliten que conservemos unha carta sonora da poeta coa súa voz e facéndose eco do instante do seu nomeamento.

Este audio que envía a propia poeta ás autoridades de entón é a semente inspiradora desta obra, ‘JUANA’, na que as fabas cos poemas de tres mulleres de diferentes séculos imbrícanse na música e na danza. Textos de Juana de Ibarbourou (1892-1979, Uruguai), Rosalía de Castro (1837-1885, Galiza) e Marina Oural Villapol (Lourenzá, Galiza 1968) son titores para unha obra escénica multidisplinar: corpo, voz e música serven o texto e viceversa. Na escena tamén mulleres artistas de diferentes xeracións, partillando creación multidisciplinar con homes, e afondando na aprendizaxe desde a arte escénica como útil universal e necesario de relacionamento e comunicación.

Diferentes procedencias e mundos asumen a improvisación libre como lugar de mestría nunha creación, onde comparten por vez primeira composición. Xeran así na práctica valores constructivos na oralidade, musicalidade e movemento da palabra sentida e escrita para cultivo de raíz e céu, nunha obra de carácter internacional desde a aldea, a vila e o feitizo galegos.


Mostra da peza que serviu de base para este proxecto:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed