Lagharteiras na RMS

Data
19/03/2016 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 5 €

Categoría


lagharteirasPara o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Creado no ano 2007, o principal obxectivo do grupo é o de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, radicada no concello de Mos, aínda que con cantantes tamén de Vigo e Redondela. O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primerio álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.

Lagharteiras son con voz e pandeireta: Sara Abalde Cela, Tamara Costas Caamaño, María García Santomé, Marta Martínez Valladares, Leticia Rodríguez Pais, Patricia Sobreira Tomé, Belén Tievo Docampo, Laura Vila Martínez, Uxía Diz Méndez e Carlos Álvarez Gómez (director)

Máis de vinte galardóns en concursos abalan a súa traxectoria no mundo da música tradicional como a súa laboura de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed