Lanzamento disco CCGP

Data
27/07/2016 _ 20:00 h

Lugar
Biblioteca de Rianxo

Prezo: de balde

Categoría


Capa_CD_Cantos de Cego_prelo.inddO traballo é o resultado dunha parceiría entre o zanfonista galego Ariel Ninas e o cantor portugués César Prata. Son 16 temas galegos e portugueses reinterpretados da tradición oral da literatura de cordel, relatos que ceguiñas e ceguiños levavan de vila en vila para facer o sustento da súa vida.

O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Rianxo ás 20 h coincidindo coa inauguración da exposición “Zanfonistas de Castelao” e contará coa presenza e a interpretación musical de Ariel Ninas.

“Cantos de cego de Galiza e Portugal” é un CD que se presentará este outono ao vivo. O dúo conformado por músicos procedentes de Galicia e Portugal presenta unha proposta arredor dun personaxe singular na cultura musical universal, a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido en ambas as beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos, cancións de orixe sefardí, historias que durante séculos, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas.

Dous músicos de ambos os países, Galicia e Portugal, recrean estas cancións cunha variada instrumentación —zanfona e guitarra, viola braguesa, concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas— nun programa composto, a partes iguais, por melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou rexistradas directamente de informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, Fonsagrada ou Viseu. Estas cancións graváronas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed