Lotaría ZdZ

Data
10/07/2022 _ 13:00 h

Lugar
Praza Rafael Dieste

Prezo: 10 €

Categoría


aCentral Folque organiza máis un ano o Encontro Internacional, Zona da Zanfona. Para celebrar o 18º aniversario, haberá unha lotaría dunha zanfona de Suso Gestal & Ariel Ninas que se sorteará o 10 de xullo durante o Palco Aberto ZdZ. No 2014, na décima edición do festival, xa se organizara a lotaría dun instrumento, daquela do luthier Jaime Rebollo que foi sorteada durante os días do festival. Con esta iniciativa, non só terás a oportunidade de gañar un instrumento, senón tamén de colaborar co festival.

[GAL] BASES de participación “unha zanfona de dezaoito”

a beneficio do XVIII ENCONTRO ZONA DA ZANFONA DE RIANXO 2022. ORGANIZA: aCENTRAL FOLQUE. CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR

  • PREMIO DUNHA ZANFONA de Suso Gestal & Ariel Ninas.
  • 200 números en xogo.
  • colaboración: 10 €
  • DÍA DO SORTEO: Domingo 10 de xullo de 2022 pola mañá durante o Palco Aberto ZdZ. LUGAR: Praza de Rafael Dieste, Rianxo.
  • Número máximo de boletos a xogar por persoa: 10.
  • O número gañador publicarase na web WWW.FOLQUE.COM
  • CADUCA AOS 30 DÍAS DESPOIS DO SORTEO. Se resultas co número gañador, debes comunicalo antes do 10 de agosto.
  • Podes pedir un boleto online escribindo un mail a info@folque.com (números limitados para a participación a distancia)
  • A zanfona sorteada é o modelo “Rianxo”, desenvolvido por Suso Gestal e Ariel Ninas para o ZdZ (2 cordas cantantes, 1 trompeta, 1 bordón, non inclúe o estoxo nin o correón)

[ENG] CONDITIONS

  • PRIZE: Hurdy-gurdy by Suso Gestal & Ariel Ninas. Rianxo model (pictured)
  • 200 numbers in total
  • 10€ each ticket. Maximum per player: 10.
  • Raffle on the 10th of July during the festival Zona da Zanfona.
  • Winner number will be published at website folque.com
  • Expiring date to claim the result: 10th of August 2022
  • Online purchase: write an email to info@folque.com (limited availability) and follow instructions.
  • Case and strap are not included. If you are the winner and live abroad, either you come and collect the instrument in Galiza or shipping will be arranged.

Exemplo de son do modelo Rianxo 21:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed