Marful en concerto

Data
04/07/2014 _ 22:00 h

Lugar
Agolada

Prezo: de balde

Categoría


marfulO grupo Marful tocará na mostra Corazón de Artesanía, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Será un repaso polos temas máis destacados dos seus dous discos e algún tema novo.

Seguindo os pasos das anteriores edicións, Agolada reedita en xullo de 2014 móstraa Corazón de Artesanía, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e co fin de converterse nun referente no sector artesanal unindo criterios como cultural, artístico, popular, tradicional pero á vez moderno, orixinal e multidisciplinar. En definitiva, un acontecemento popular orientado á exhibición, a comercialización e a promoción dos nosos oficios artesanais e a cultura tradicional e popular de Galicia.

Como xa se destacou en anos anteriores, Artesanía de Galicia é fundamentalmente unha actividade comercial capaz de xerar beneficios económicos, de crear emprego e de conservar a tradición. Este será o vehículo que permita a interrelación con outros actores que compoñen a nosa cultura tradicional como a música e a danza tradicional e a gastronomía, proxectando unha imaxe fiel destes sectores económicos de gran calado en Galicia.


 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed